DE PORTEIRO XOGUEI EU

DE PORTEIRO XOGUEI EU

LENZ, PEDRO

16,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Editorial Laiovento, S.L.
Año de edición:
2024
Materia
Galego narrativa
ISBN:
978-84-8487-683-0
Páginas:
158
Encuadernación:
Rústica
16,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Nos anos oitenta do século XX, nunha vila típica de Suíza, un xonqui a quen todo o mundo coñece como Porteiro acaba de cumprir unha condena e quere reconstruír a súa vida. Mentres intenta coñecer as circunstancias exactas en que tivo lugar o seu ingreso na cadea, descobre, desconcertado, que nada é o que parecía ser.
Der Goalie bin ig, de Pedro Lenz, publicouse en 2010. Escrita no alemán bernés falado na Alta Argovia, é unha historia sobre a memoria, o amor e a traizón que tivo unha enorme resonancia e xa se considera a obra en dialecto máis coñecida de todos os tempos. Gañou o Premio de Literatura do Cantón de Berna e mais o Premio Schiller de Literatura da Suíza Alemá. Traduciuse ao italiano, ao alemán estándar, ao dialecto inglés de Glasgow, ao lituano, ao letón, ao francés, ao húngaro, ao neerlandés, ao ruso e ao ucraíno. De porteiro xoguei eu, a versión galega, é probabelmente o primeiro caso dunha obra dialectal da Suíza alemánica traducida a unha lingua da Península Ibérica.
A novela foi levada ao cine por Sabine Boss, estreouse en 2014, atraeu unha gran cantidade de público, foi galardoada no Premio do Cinema Suízo e recibiu os premios de cinema de Zürich, de Berna e da Crítica Cinematográfica Suíza, así como o Premio Walo.

Artículos relacionados

  • ABRIL É UN PAÍS
    TEREIXA CONSTENLA
    O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamé...
    En stock

    19,00 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS
    SOLÀ, IRENE
    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas,...
    En stock

    17,00 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    15,00 €

  • ANATOL E DOUS MÁIS
    RIESTRA, BLANCA
    Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, co...
    En stock

    16,75 €

  • A BELEZA DEBE MORRER
    CORBILLÓN, MERCEDES
    Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para...
    En stock

    20,90 €