EU CONTO, TI CANTAS

EU CONTO, TI CANTAS

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ

10,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2005
Materia
Infantil galego
ISBN:
978-84-9782-358-6
Páginas:
64
Encuadernación:
Rústica
10,50 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

Este libro de María Victoria Moreno reúne tres contos de animais escritos en verso e ilustrados por Manolo Uhía: " Xa non teño medo " , " Can branco, can negro " e " ¿Un cachiño de bica? " . Xan vive nunha cidade e ten medo cando se vai deitar; grazas a unha chorumiña comprobará que no ceo sae a lúa e florece o sosego na terra escura. Nicolau é un canciño que foi recibido por todos con aloumiños e festas, mentres que Correcamiños naceu na beiravía da estrada; ambos os dous un bo día xuntaranse nun arrabalde perdido e unirán para sempre o seu destino. Iván coida a Nica, unha cadela ben xeitosa, á que moito lle gosta os cachiños de bica. Tres contos para todos os nenos e nenas de sete anos en diante que buscan o amor nos olliños doces de mel dun can de bondadosas orellas.

Artículos relacionados

  • A BOTELLA DE LENTELLAS
    BARBADILLO, LETICIA
    Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...
    En stock

    13,50 €

  • A FOLLA AZUL
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    En stock

    13,95 €

  • O MEU GATO É UN POETA
    FRAN ALONSO
    O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música...
    En stock

    14,90 €

  • CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
    DAHL, ROALD
    O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azu...
    En stock

    14,90 €

  • DORMENTE
    CASTRO, RAQUEL
    En stock

    14,40 €

  • WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    13,50 €

Otros libros del autor

  • A FESTA NO FAIADO
    MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ
    Podería pasar o día enteiro cos ollos pechados, se non fose por Gato. Grazas a Gato, a vida de Uxía é máis divertida. Grazas a Uxía, Gato empeza a entender mellor o mundo. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    11,15 €