HOTEL CARIOCA

HOTEL CARIOCA

RIVEIRO COELLO, ANTÓN

27,77 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Editorial Galaxia, S.A.
Año de edición:
2023
Materia
Galego narrativa
ISBN:
978-84-1176-049-2
Páginas:
594
Encuadernación:
Rústica
27,77 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

I PREMIO ÁLVARO CUNQUEIRO DE NOVELA 2022 Verán de 1982. Helena ten 13 anos e os domingos lelle á avoa as cartas que envía o seu tío favorito, Leandro, que marchou ao Brasil e xa nunca volveu. Un día chega unha que informa da súa morte nun accidente de tráfico en Río de Xaneiro. A familia sospeita que foi asasinado e fala con Helena para lle facer unha encarga insólita: deberá mantelo con vida para que a avoa non o saiba. Deste xeito, Helena escribirá esas cartas do Brasil e converterase nunha escritora precoz, construíndo unha realidade alternativa que nos descubrirá os misterios dunha morte inesperada e todos os silencios dunha familia tocada pola emigración e a desgraza. Hotel Carioca é unha novela múltiple que, coma unha matrioska, contén outras novelas que van dende unha de formación a outra psicolóxica, pasando mesmo por unha policial. Cun estilo lírico, áxil e envolvente, Antón Riveiro aborda temas como a homosexualidade e a súa aceptación, os coidados, a eutanasia, a emigración, a amizade, a descuberta da sexualidade e, sobre todo, o fantástico e intuitivo mundo da creación artística.

Artículos relacionados

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    18,95 €

  • DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS
    SOLÀ, IRENE
    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas,...
    En stock

    17,00 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    15,00 €

  • ANATOL E DOUS MÁIS
    RIESTRA, BLANCA
    Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, co...
    En stock

    17,89 €

  • O QUE QUEDA DE NÓS
    MAYORAL, MARINA
    O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo o mundo pe...
    En stock

    22,98 €

Otros libros del autor

  • DÍAS DE INTEMPERIE
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    Os coidados, a fidelidade, a homosexualidade, a covardía, a vinganza, a suplantación de identidade, o amor polos libros, o contrabando ou a orfandade son algúns dos temas que compoñen este libro estremecedor onde o pano de fondo sempre é a guerra. Como xa fixera en As Rulas de Bakunin, Laura no deserto e O paraí-so dos inocentes, Antón Riveiro Coello pon de novo os seus persona...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    17,11 €

  • O PARAÍSO DOS INOCENTES
    RIVEIRO COELLO, ANTÓN
    PREMIO TORRENTE BALLESTER 2019 Marzo de 2016, en plena guerra de Siria, a cidade de Alepo está dividida en dúas partes enfrontadas. No lado rebelde, a activista Amira loita por informar o mundo desde dentro da guerra e visita un orfo rescatado baixo os cascallos; no lado do réxime, Isam, un químico que traballa nunha fábrica de xabón, teme a notificación do Goberno para engrosa...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    23,20 €

  • ELEFANTES DE SOKUROV, OS
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    En Os elefantes de Sokúrov, Riveiro Coello elabora unha trama na que os propios personaxes toman a palabra para relatar unha historia de temas tan diversos coma o amor, o suicidio, a crise económica, a creación, a memoria, as artes e a solidariedade. Estamos no Nadal de 2012. Janis, con trinta anos e un expediente académico exemplar, agarda por unha convocatoria para as oposici...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    27,14 €

  • ACORDES NAUFRAGOS
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Libro de retatos, fantásticos os máis deles, enfiados pola traxedia do naufraxio e tocados case sempre pola vea amorosa e sentimental dos seus protagonistas. Textos que evocan e recrean non só feitos históricos, coma o afundimento do vapor correo Santa Isabel na ría de Arousa en 1921, senón tamén lendas do río Limia, o amor tráxico dunha santeira cubana ou mesmo os tratos dunha...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    17,11 €

  • LAURA NO DESERTO
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    A nova novela de Riveiro Coello iníciase na primavera de 1982 en Barcelona co achado dunha carta e vai espallando a súa trama por Compostela, Nova York e a Pobra do Caramiñal. O autor de As rulas de Bakunin consegue artellar unha novela na que aventura vital, epopea social e interese narrativo se xuntan. As historias de Diana, que na Barcelona de 1982 atopa unha carta onde se d...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    30,73 €

  • QUINTA DE SALER, A (NL)
    RIVEIRO COELLO, ANTON
    Finalista Premio de Narrativa Torrente Ballester 1998 Ese é o punto de partida co que o autor constrúe unha novela orixinal e ben tramada, escrita cun sorprendente dominio da linguaxe literaria e as técnicas narrativas. A quinta de Saler, de Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia, 1964), foi obra finalista da décima edición do premio Torrente Ballester de Narrativa. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    19,66 €