NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE

NON CANTAN PAXAROS NESTE BOSQUE

NEGRO, CARLOS

12,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2021
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9121-796-1
Páginas:
112
Encuadernación:
Rústica
12,95 €
IVA incluido
No disponible / Consultar disponibilidad
Añadir a favoritos

O medo. Un xuramento de sangue. O fulgor dunha moeda romana. O voo dunha mosca sobre o mantel da cociña. O rastro dunha nova especie de lesmas. A rutina dun autobús escolar. A transparencia dunha piscina. A soidade dun tobogán. O misterio dunha carta sen remitente. O canto do vento nunha mansión á beira do mar...
Colle unha manta, prende unha luz suave, ponte a gusto no teu sofá preferido. É a hora de experimentar o pracer nada culpable do medo. Porque neste bosque de relatos os paxaros non cantan. E o misterio segue aí, a agardar por nós, como unha pantasma familiar, como un desasosego que nos leva de viaxe ao territorio do alén.

Artículos relacionados

  • FÓRA DE CAMPO
    FERNÁNDEZ RIAL, ROSALÍA
    Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra. Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova se...
    En stock

    10,50 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    13,50 €

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa irmá pequena soa na beirarrúa. Cóntalle que conseguiu fuxir do rei Koopa, pero que debe regresar axiña ao castelo onde estivo secuestrada e deixou esquecido o seu osiño. A partir dese momento, Orestes inicia unha disparatada carreira seguindo o rastro da súa irmá polas rúa...
    En stock

    13,50 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    13,50 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...
    En stock

    13,50 €

  • BONUS TRACK
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de canc...
    En stock

    17,15 €

Otros libros del autor

  • PENÚLTIMAS TENDENCIAS
    NEGRO, CARLOS
    Este é un libro de versos que rompen as costuras do silencio; un álbum secreto para todas aquelas mozas que procuran una fenda nos valos, máis alá da gaiola rosa dos contos de princesas; un diario onde unha adolescente convulsa e opaca atopa a voz que nunca tivo. Porque medrar é aprender a fuxir da ditadura dos espellos. Non agardes máis: entra nun universo onde non todo vai se...
    En stock

    13,50 €

  • MAKINARIA
    NEGRO, CARLOS
    Makinaria de Carlos Negro é unha aceleración poética de cero a cen en tres segundos. Se tes arredor de quince anos, vas de malote e mallas na música, este pode ser o teu libro; un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcohol; un libro de versos tuneados, maqueados de furia xuvenil, sen máis límite que o do contaquilómetros que sinala unha ruta suicida; u...
    En stock

    14,50 €

  • APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    NEGRO, CARLOS
    Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral do...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    13,50 €

  • MASCULINO SINGULAR
    NEGRO, CARLOS
    Masculino singular é un corte de sangue no medio do afeitado; unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. Tamén é un diario íntimo que reclama a tenrura nunha revolución de magnolias, pero sen pólvora, porque xa non precisamos himnos de batalla nin falos erectos nas portas dos aseos. Masculino singular é un código aberto aínd...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    14,50 €