LEZCANO GONZALEZ, ARTURO
Guiado pola desmesura de vinte anos de viaxes e mudanzas, entrevistase lecturas, armado das ferramentas do reporteirismo minucioso eadobiado polo talento literario, Arturo Lezcano asina unha obramonumental que se le como unha fábula, un libro de viaxes, unha elexía e unha crónica en primeira persoa. Ou coma un Mil e unha noites dasAméricas contada a través dunha galería de personaxes galegosengaiolantes: Alfonso Graña, o rei dos xíbaros; Pepe la Muerte,lugartenente de Lucky Luciano; o Manolito de carne e óso de Mafalda;Antonio Soto, o heroe anarquista da Patagonia, e outras duascentashistorias de mulleres e homes anónimos ?os obreiros que construíron aCanle de Panamá, os inventores da noite de Copacabana e tantos máis?que crearon unha nova vida (e un país invisible) da outra beira doocéano.