NÚÑEZ ÁLVAREZ, MARÍA LUISA
A filla do carboeiro era coñecida pola súa
intelixencia. O príncipe, atraído polo seu
enxeño, rétaa a un xogo que acabará por
marcar o destino das súas vidas?
A partir dunha versión oral do Magreb, a
orixinalidade do conto está no desafío intelectual
que propón: un xogo de preguntas e repostas
que require capacidade para desenvolver tarefas
imposibles con enxeño e astucia, ata conseguir
abrandar o corazón dun ser inxusto e caprichoso.