VÉMONOS MAÑÁ

VÉMONOS MAÑÁ

MONTEAGUDO, XOSÉ

18,95 €
IVA incluido
En stock
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Año de edición:
2023
Materia
Galego narrativa
ISBN:
978-84-1110-238-4
Páginas:
296
Encuadernación:
Rústica
18,95 €
IVA incluido
En stock
Añadir a favoritos

A finais de xuño de 1986 Bibiano sae de México para regresar a Galicia, a súa terra natal, que non pisa desde hai medio século. Ese mesmo día, Josefina, a muller coa que casara en 1929, lembra na súa casa de Pontevedra a felicidade e os dramas da súa xuventude. Agora pretende velo para oír dos seus labios as explicacións que leva demasiado tempo agardando.
«Vémonos mañá» é o relato da súa relación e das circunstancias singulares que mudaron as súas vidas, pero non conseguiron cambiar os seus ideais. A historia dunha muller que coñeceu o triunfo e a represión das súas ideas e que loitou incansablemente, sen darse nunca por vencida. E, ao mesmo tempo, o retrato dun home que sempre considerou que a ciencia debía estar ao servizo do progreso e da dignidade humana e que pagou un alto prezo polas súas conviccións.
«Vémonos mañá» presenta nun mesmo plano a resistencia valente e silenciada das vítimas e as accións públicas de quen puxo toda a enerxía en combater a represión. Unha impactante historia de amor e compromiso que amplía o enfoque da loita pola liberdade para mostrarnos o protagonismo feminino na retagarda como a outra cara do ardor bélico na batalla. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall, que se le co magnetismo da ficción máis trepidante.

Artículos relacionados

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS
    SOLÀ, IRENE
    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas,...
    En stock

    17,00 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    15,00 €

  • O QUE QUEDA DE NÓS
    MAYORAL, MARINA
    O que queda de nós ofrece xuntas as dúas versión da historia de dous seres que a vida separou e que se amaron sempre. (Unha árbore, un adeus, 1988; Ao pé do magnolio, 2004). Marina Mayoral narra a historia de Laura e Paco e amósanos unha reflexión sobre ese sentimento misterioso que chamamos amor: Un sentimento escolleito que moi poucos chegan a vivir, aínda que todo o mundo pe...
    En stock

    22,98 €

  • A BELEZA DEBE MORRER
    CORBILLÓN, MERCEDES
    Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para...
    En stock

    22,26 €

  • ANATOL E DOUS MÁIS
    RIESTRA, BLANCA
    Para os tres protagonistas, cada día era unha bebida burbullante e agridoce, un calvario cheo de chistes e de paxaros e, ás veces, dun pracer incomprensible. Paula posúe todos os defectos propios dunha iluminada, co grao exacto de depravación e de desamparo. Gustavo é mullereiro, narigudo e estudoso: adora o sol, os mendigos e as tendeiras. Anatol é baixiño e chámase Pepe e, co...
    En stock

    17,89 €

Otros libros del autor

  • ETERNITY
    MONTEAGUDO, XOSÉ
    PREMIO DE NARRATIVA BREVE REPSOL 2021 Cando alguén morre, ¿que queda, á parte dun nome nunha lápida? ¿Canta xente e durante canto tempo se lembran del? Para asegurarse de que a historia da vida, de que a historia de cada unha das vidas se preserva, Dalmao, un mozo licenciado universitario, decide crear Eternity. Un lugar en Internet onde a memoria virtual das persoas se ha cons...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    19,66 €

  • TODO CANTO FOMOS
    MONTEAGUDO, XOSE
    Unha mestra que loita contra a desigualdade e os prexuízos sociais nunhas circunstancias difíciles. ...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    26,42 €

  • TIPO LISTO, UN (PREMIO GARCIA BARROS 2009)
    MONTEAGUDO, XOSE
    Un tipo listo iníciase coa morte do director dunha sucursal bancaria de Vigo. A aparición do cadáver leva á descuberta dun desfalco de grandes proporcións. Os dous fillos do presunto autor convértense nos principais sospeitosos dunha complexa trama financeira de repercusións imprevistas. Pero a acción da xustiza é quizais a consecuencia menos grave dunha situación na que a escu...
    No disponible / Consultar disponibilidad

    24,96 €