CLUB DE LECTURA SILENCIOSA DA LIBRARÍA BANDINI
Invitámoste a participar no Club de Lectura Silenciosa na libraría Bandini, en Bertamiráns. Todos os sábados, de 17:30 a 18:30, reunirémonos para desfrutar da lectura sen presión de ningún tipo, nun ambiente tranquilo e relaxado, na sala de eventos da nosa libraría. Durante hora e media, os asistentes poderán ler en silencio mentres se sirven un café ou un té. De 18.30 a 19:00, resérvase para unha charla informal, permitindo a quenes o desexen compartir impresións sobre as súas lecturas ou simplemente socializar. Podes traer o teu libro, ou vir un pouco máis cedo para poder axudarte a atopar a túa próxima lectura.
Todos os lectores son benvidos, igual que todos os xéneros de lectura e todos os instrumentos de lectura, incluidos os dispositivos electrónicos, aínda que sempre recomendaremos o libro en papel. O único requisito de participación é ter, durante o tempo de lectura, os teléfonos móbiles en modo vibración ou en modo avión.
Este club está dirixido a lectores adultos.
Librería Bandini quere ofrecer a oportunidade para dedicar tempo exclusivamente á lectura en compañía doutros amantes da literatura, sen importar o xénero ou o autor que prefiras: poesía, prosa, ensayo, ficción, cómic, revistas culturais... Anímate a probar esta experiencia. Esperamos contar contigo e que desfrutes deste espazo de calma e lectura que quere ser o Club de Lectura Silenciosa da Libraría Bandini.
------------------------------
¿Qué é un Club de Lectura Silenciosa?
Un Club de Lectura Silenciosa é unha reunión de persoas lectoras que se xuntan nun lugar específico para ler en silencio durante un período de tempo determinado. A diferenza dos clubs de lectura tradicionais, donde se discute un libro específico en cada reunión, e hai un moderador, o enfoque principal aquí é simplemente proporcionar un espazo e un tempo dedicados exclusivamente á lectura individual ao tempo que se toma un café e un pequeno refrixerio.
Características dun Club de Lectura Silenciosa:
1. Ambiente Tranquilo: A principal característica destos clubs é o ambiente tranquilo e relaxado que se crea para fomentar a concentración e o goce da lectura. Os participantes poden traer calquera libro que desexen ler, sen restricións de xénero ou autor.
2. Lectura Individual: Durante a mairo parte do tempo, os asistentes len en silencio. Esto permite a cada persoa adentrarse no seu propio libro sen interrupcións, creando unha experiencia personal de lectura.
3. Charla Informal: Ao final da sesión de lectura, hai un espazo de tempo reservado para unha charla informal. Esta é unha oportunidade para que os participantes compartan as súas impresiones sobre o que leron, comenten sobre os libros que viron ler a outras persoas participantes, ou simplemente socializar ante un café.
4. Requisitos Básicos: Para manter o ambiente de tranquilidade, pídese que os teléfonos móbiles estén en modo vibración ou en modo avión. Esto minimiza as interrupciones e permite a todos desfrutar do tempo de lectura.
Beneficios de participar nun Club de Lectura Silenciosa:
· Fomento da Lectura: Proporciona un espazo dedicado e un tempo específico para a lectura, o cal pode ser útil para aqueles que ven difícil atopar tempo para ler na súa vida diaria.
· Ambiente Social: Ainda que a lectura é unha actividade individual, o club ofrece unha dimensión social ao permitir que os lectores se reúnan e compartan o seu amor polos libros.
· Redución do Estrés: A lectura nun ambiente tranquilo pode ser unha excelente forma de relaxarse e reducir o estrés e a ansiedade.
· Descubrimento de novos libros: A charla informal ao final da sesión pode introducir aos participantes a coñecer novas lecturas e somerserxe noutros libros e autores diferentes ou complementarios a su experiencia lectora.
En resumo, un Club de Lectura Silenciosa é unha excelente forma de mesturar a soidade pracenteira e íntima da lectura coa oportunidade de conectar con outros lectores nun entorno tranquilo e acolledor.
De febreiro a xuño reunirémonos en Bandini para ler diferentes obras da narrativa contemporánea. Esta reunión mensual será o terceiro xoves de cada mes ás 19:00h na libraría. Agardámoste!
Invitámoste a estes encontros para compartir reflexións sobre saúde mental a través do poder terapéutico da literatura. Reunirémonos de outubro a xuño o primeiro luns de cada mes ás 19:30h.
O terceiro mércores de cada mes ás 19:00 reunímonos en Bandini para ler e conversar en sobre unha lectura en francés. Delhpine de Vigan, Polina Panassenko ou Virgine Grimaldi foron algunhas das lecturas escollidas para o club. Se queres practicar o idioma e facelo cun bo libro, esta é a túa oportunidade. Agardámoste!
En Bandini, o primeiro mércores de cada mes ás 19:00h ten lugar o encontro organizado por Apiario Editora e cordinado por Antía Otero, para ben iniciarse no xénero poético ou atopar novas lecturas do mesmo. O club desenvolverase dende outubro do 2025 ata xuño de 2026.