ÁS DE BOLBORETA

ÁS DE BOLBORETA

ANEIROS, ROSA

14,90 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2011
Materia
Libros
ISBN:
978-84-9914-215-9
Páxinas:
232
Encadernación:
Rústica
14,90 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Na " Luzada " , a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d' As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño...
O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que " Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela " ; salientando, ademais, que " mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela " . Para concluír que " Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista. "

Artículos relacionados

  • ARTE DE LA GUERRA SUNZI ESTUCHE
    , SUNZI
    Compuesta entre los siglos VI y V antes de nuestra era, Arte de la guerra de Sunzi es la más antigua obra de estrategia militar que ha llegado hasta nuestros días. Pero no es su antigüedad su rasgo más definido, sino el tratamiento de la confrontación como un todo dialéctico en el que cada movimiento de una de las partes suscita una reacción en la otra, en una suerte de conjunt...
    En stock

    44,90 €

  • PLAN DE RESCATE
    YAÑEZ, ANTÍA
    Xeila, Heitor, Aldán e Noela están traballando na aula de apoio da súa escola cando algo raro acontece. Oen un estrondo e a profe Xoana, que vai comprobar que pasou, desaparece. Onde estará? E o resto do colexio? Por que anda a policía fóra? Como di Noela: prepárate para vivir unha aventura na que hai escopetas, sangue, xuramentos e ata un plan de rescate, pero tamén un chisco ...
    En stock

    13,95 €

  • LO VIRAL
    JORGE CARRIÓN
    ¿El siglo XXI empezó con la caída de las Torres Gemelas de Nueva York o con la entrada de un virus en el cuerpo de un hombre en Wuhan? ¿Es el SARS-CoV-2 el primer patógeno cyborg? ¿Netflix, Zoom o Amazon son multinacionales pandémicas? ¿Cómo se puede representar la transformación de la ciencia ficción en realidad cotidiana? Lo viral es, al mismo tiempo, una reconstrucción histó...
    En stock

    14,90 €

  • PNIN
    NABOKOV, VLADIMIR
    Pnin está considerada como «la más deliciosa de las novelas de Nabokov» (G. M. Hyde), «la más inmediatamente atractiva» (Laurie Clancy) y, posiblemente, la más divertida de toda su obra, tan rebosante de humor. Su protagonista es el profesor Pnin, un ruso de la emigración que se gana la vida dando clases a media docena escasa de alumnos desganados que acuden a su aula como quie...
    En stock

    11,90 €

  • SÁLVAME DE LOS HOMBRES PELIGROSOS
    S. A. LELCHUK
    Detective, librera y defensora de mujeres maltratadas.Una nueva heroína en la novela criminal que adorarán los lectores de Lisbeth Salander. Nikki Griffin es una detective poco convencional. Su despacho ocupa el altillo de la librería de viejo que regenta, porque Nikki adora la lectura, los libros son los únicos que la protegen y le aportan el consuelo que la salva de su tr...
    En stock

    20,90 €

  • AMOR
    ALEX ROVIRA CELMA
    Este no es un libro sobre el desamor, el enamoramiento o la sexualidad. Es un manual práctico para impulsar la energía más poderosa que tenemos, la que nos une a los demás, la que multiplica nuestras fuerzas para lograr objetivos y disfrutar de la vida con relaciones nutritivas. Para ello, cada capítulo nos invita a llevar a cabo acciones concretas para elevar la calidad de nue...
    En stock

    7,95 €

Outros libros do autor

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    18,95 €

  • UNHA HISTORIA DE AMOR COMO OUTRA CALQUERA
    ANEIROS, ROSA
    Que teñen en común o explorador Ernest Shackleton e a brillante científica Olalla Caínzos? Exacto! A fascinación pola Antártida! A iso debemos sumar o odio que Alma sente por eles. A súa nai era divertida e unha contadora de historias magnífica ata que a obsesión polo continente branco e polo quecemento global a papou enteiriña. Por iso, ela está en guerra aberta co mundo, un m...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    12,95 €

  • FAÍSCA, A NENA NEANDERTAL
    ANEIROS, ROSA
    Xoel, Matilde, Diana e Carlos van de campamento a unha aldea preto de Triacastela. As vacacións preséntanse aburridísimas porque teñen prohibidos os videoxogos e as cartas do seu xogo favorito. Mais, coma sempre, a súa intuición erra de cheo. Sonche ben expertos en meterse en sarillos! A visita ao xacemento arqueolóxico de Cova Eirós serviralles de porta de entrada ao Plistocen...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,50 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar unha porta secreta que lle permitirá coñecer restos do Cretáceo. Trabúcase. Si, a porta secreta da que lle falou a vella Monegunda existe, mais do outro lado non hai fósiles senón dinosauros de carne e óso! Aí dará comezo unha extraordinaria aventura na que deberá...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,50 €

  • SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicamente inexpugnable na boca da ría. É a neta da Rubia, a tola do argazo. A filla da expulsada. Sibila regresa ao lugar en que foi animal sen domesticar nun tempo en que todo foi seu. Agora nada ten agás a encarga dunha misión que cumprir e a terrible certeza de que lle...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    17,95 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador vello, pero da segunda non hai maneira de librarse. Chámanlle así polo avó Edelmiro, e el tampouco lle gusta nada porque é un verdadeiro túzaro. Por iso, cando o seu pai lle anuncia que pasará o verán co avó en Marabilia, Edelmira non pode crelo. Van ser uns meses ...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,95 €