CORREDORES DE SOMBRA

CORREDORES DE SOMBRA

FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN

13,95 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2006
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9782-425-5
Páxinas:
232
Encadernación:
Rústica
13,95 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Verán de 1995. No pazo dos Soutelo, ao facer unhas obras de restauración, descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedado hai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou? Clara Soutelo, testemuña involuntaria da descuberta, asume o reto de desvelar o misterio que se agocha tras as dúas preguntas. Unha investigación complexa, que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois, cando xa é maior, decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos, cando descubriu a plenitude do primeiro amor e mudou para sempre a súa forma de entender a vida.
''Corredores de sombra'' de Agustín Fernández Paz é un thriller moral onde se pretende desvelar un dobre misterio (quen é o morto, quen o asasinou?) que nos leva a unha investigación, con momentos de grande tensión, e unha resolución na liña das mellores novelas negras. Mais tamén é unha novela sobre a progresiva toma de conciencia da protagonista obrigada a elixir o camiño polo que quere facer a súa vida, mesmo se iso implica opoñerse a súa familia e todo o que significa. Unha novela memorable que confirma a Agustín Fernández Paz como un dos narradores primeiros da literatura galega.

Artículos relacionados

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    13,95 €

  • O QUE SEI DO SILENCIO
    MACEIRAS, ANDREA
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de ...
    En stock

    13,95 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    En stock

    13,95 €

  • BONUS TRACK
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de canc...
    En stock

    18,30 €

  • 22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase. " Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá...
    En stock

    13,95 €

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar d...
    En stock

    13,75 €

Outros libros do autor

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    En stock

    13,95 €

  • O ÚNICO QUE QUEDA É O AMOR
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Hai unha trama de fíos invisibles que une as vidas dos personaxes deste novo libro de relatos de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell: Diana, Sara, Pablo, Laura, Adrián... todos se namoran e descobren que o amor é un sentimento poderosísimo, capaz de transformalos por enteiro e facerlles ver a vida doutro xeito. Mais tamén experimentan a amargura do desamor, ou d...
    En stock

    15,95 €

  • AS FRONTEIRAS DO MEDO, DE AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    As historias de terror teñen o efecto de remover nos seres humanos os medos atávicos que a civilización tenta ocultar baixo a aparencia da razón, a ciencia e o control. Mais todos sabemos da existencia de feitos que contradín toda lóxica, de realidades que fan abanear as nosas crenzas, por moito que pechemos os ollos e nos neguemos a admitilas. Nas páxinas deste libro, Agustín ...
    En stock

    13,50 €

  • CARTAS DE INVIERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Adrián Novoa, un pintor de éxito, busca aislarse del mundo para desarrollar su arte. Cuando ve anunciada la venta de una antigua casa en una aldea de Galicia, su tierra natal, comprende que es el lugar perfecto. Solo hay una pega: el anuncio dice que la casa está embrujada. Adrián, sin embargo, no cree en esas cosas. Al cabo de varios meses, Xavier regresa a su casa tras una la...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    12,50 €

  • AS FADAS VERDES
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    O lume arrasa o monte do Castro e case acaba coas fadas verdes. Pero no máis profundo da fraga sobrevive Goewín, quen vai revelar a Diana todos os segredos das gardadoras do bosque. ...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    9,50 €

  • CARTAS DE INVERNO (EDICIÓN CEN MIL)
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    14,00 €