DARÍO A DIARIO

DARÍO A DIARIO

ARIAS, XELA

17,50 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2021
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-9121-862-3
Páxinas:
64
Encadernación:
Rústica
17,50 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Engadir a favoritos

En 1996 Xela Arias publica «Darío a diario», un libro de poemas dedicado ao seu fillo, que ofrece unha visión desidealizada e ao tempo fonda e entrañable da experiencia da maternidade. En palabras da propia poeta: «"Darío a diario" non naceu coa vocación de ser o que hoxe é: un libro encadernado e público. Foi, no seu principio, a necesidade imperiosa de explicarlle ao meu fillo o manifesto íntimo e interno de intencións maternas nas que el mesmo, polo feito de existir, me obrigaba a moverme; o compendio de contradicións que a maternidade me provoca.»
Nesta nova edición os poemas veñen acompañados por ilustracións do artista Iván R.

Artículos relacionados

  • FÓRA DE CAMPO
    FERNÁNDEZ RIAL, ROSALÍA
    Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra. Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova se...
    En stock

    10,50 €

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    13,95 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    13,95 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    MIGUEL ÁNGEL ALONSO DIZ
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucía e Miguel, mantida en silencio durante anos. A represión, a emigración, o racismo, o medo e un evocador percorrido pola música do século XX conforman un libro de gran sensibilidade que, a través dos ollos inocentes de dous irmáns, ispe acontecementos do pasado recente du...
    En stock

    13,95 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    En stock

    13,95 €

  • BONUS TRACK
    FERNANDEZ RIAL, ROSALIA
    Ás veces precísase dar todo por perdido para que algo inesperado te sorprenda. Pero sempre hai unha posibilidade para a esperanza. Por iso cómpre esgotar as pistas establecidas se queres que apareza o BONUS TRACK. Xusto nese xiro imprevisto, cando xa parece que non queda nada, nacen os relatos deste libro de Rosalía Fernández Rial: vinte e dous contos tecidos con letras de canc...
    En stock

    17,15 €

Outros libros do autor

  • INTEMPÉRIOME
    ARIAS, XELA
    «Intempériome», o derradeiro libro de poemas publicado por Xela Arias en 2003, racha, desde o propio título, as convencións lingüísticas para facer un uso libre, exploratorio e rebelde da sintaxe e da voz, examinando o territorio da existencia, do amor e da morte. A través dos versos flúe a sinceridade dunha poeta aberta, espida, que rompe a palabra para inxectarlle significado...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    25,50 €

  • A POESÍA DO RETRATO
    ARIAS, XELA
    Máis de 40 retratos realizados por Xulio Gil en diferentes épocas de Xela Arias, combinados cunha escolma dos seus versos, configuran este traballo acompañado de sendos estudos de Xosé Enrique Acuña e Marga do Val. ...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    20,00 €

  • DENUNCIA DO EQUILIBRIO
    ARIAS, XELA
    «Denuncia do equilibrio», publicado en 1986 a contracorrente da poesía galega daquel momento, é un libro rabiosamente contemporáneo. Cuestiona a orde establecida, afonda con inquedanza na voz interior dunha poeta orixinal e libre e transmite, desde a propia sintaxe, o desacougo da vida cotiá, das emocións e do amor. Este primeiro libro de poemas de Xela Arias dá conta do arreba...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    12,50 €