O CERVO E A SOMBRA

O CERVO E A SOMBRA

AMEIXEIRAS, DIEGO

18,95 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2021
Materia
Galego
ISBN:
978-84-9121-992-7
Páxinas:
160
Encadernación:
Rústica
18,95 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

Mateo, o protagonista desta vibrante e conmovedora novela de Diego Ameixeiras, tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por superar a orfandade e non renderse ante as circunstancias, Mateo procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse e agora insiste en solucionarlle as dúbidas de fe. A inesperada aparición de Irene na cidade, unha relación que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non están dispostos a abandonalo. Todo é unha lembranza. A lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida.

Artículos relacionados

  • ABRIL É UN PAÍS
    TEREIXA CONSTENLA
    O 25 de abril de 1974 a Revolución dos Caraveis rematou de forma incruenta cun réxime ditatorial que durante case cincuenta anos, baixo as ordes de António de Oliveira Salazar e de Marcelo Caetano, someteu o pobo portugués. O levantamento militar, liderado esencialmente polos mandos intermedios, non só veu determinado polo esgotamento da ditadura salazarista no país, senón tamé...
    En stock

    19,00 €

  • A NOITE DAS CEBOLAS
    ANEIROS, ROSA
    Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelada» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa p...
    En stock

    18,95 €

  • A SOIDADE DAS NENAS
    BEIZANA VIGO, MIRIAM
    Celia, unha nena que vive no orfanato Hijas de la Caridad, desaparece sen deixar pegada. Emilia, a súa mellor amiga, tentará suplir o oco que deixa uníndose irremediablemente á súa irmá xemelga, MX, quen fuxirá da pantasma da desaparecida nunha carreira cara adiante. Esa unión medrará con elas nunha relación amorosa de cimentos fráxiles, pero a incógnita da desaparición atormen...
    En stock

    13,95 €

  • DEICHE OLLOS E MIRACHES AS TEBRAS
    SOLÀ, IRENE
    Despois de “Canto eu e a montaña baila”, Irene Solà regresa cunha novela exuberante repleta de historias malditas e personaxes atemporais. A masía Clavell está agochada nun remoto posto nos montes de Les Guilleries. Resiste en tempos de guerra, rodeada de cazadores, bandoleiros, carlistas, maquis, pantasmas e demos. Habitada por mulleres, vivas e mortas, desprezadas por bruxas,...
    En stock

    17,00 €

  • AS IRMÁS BUNNER
    1.1 01.1 10000000000000000 ...
    En stock

    15,00 €

  • A BELEZA DEBE MORRER
    CORBILLÓN, MERCEDES
    Así é Venecia, soño e calixe, cidade encantada e panterlo para as lembranzas e as fantasías dos amantes, dos solitarios e dos extraviados. Venecia como espello que reflicte o amor ata que remata escachando en mil anacos, recriminacións e remorsos. Venecia como tránsito cara á incerteza do futuro. E unha muller madura, na compaña da súa nai, percorre as súas pontes e canais para...
    En stock

    20,90 €

Outros libros do autor

  • UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebraska, un bar das Ramblas onde o patrón soña con películas do Oeste, e vive agardando algunha experiencia que o eleve por enriba da súa timidez. Para iso está Montse, unha estudante de familia acomodada pola que se sente atraído dende hai tempo. Con ela experimentar...
    En stock

    17,95 €

  • LA NOCHE DEL CAIMÁN
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Bajo el cielo de una ciudad gallega y entre las calles de Filadelfia se perciben los andares silenciosos de una mujer fatal con ciertos ápices de bondad, de un escritor obsesionado con lo que cree que será su gran obra y de un reptil urbano en busca de alguien o algo, personajes que se abren paso en un rompecabezas de estados alterados, disociación y zozobra, escenificados con ...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    10,00 €

  • A CRUELDADE DE ABRIL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un incendio nunha casa abandonada. Dous cadáveres. Un home e unha muller sen teito que se refuxiaban na vivenda. Pero a conmoción dura o mesmo ca portada dun xornal. O suceso, un de tantos titulares, cae axiña no esquecemento. Ninguén se concentrará nunha praza pola parella. Ninguén se indignará nun programa de televisión. Ninguén apelará ás nosas conciencias nas redes sociais....
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    18,95 €

  • ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congre...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    22,50 €

  • DIME ALGO SUCIO
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    A policía de Oregón atopa unha parella de cadáveres no interior dunha nave industrial abandonada. O home negro está axeonllado no chan colocando as últimas novidades en primeira liña da manta. Nelson, o grafiteiro, preparou nun muro da marxe esquerda do río unha versión manga do retrato de Laura, a moza que practica tres horas semanais de kung-fu. Ánxela confésalle a Marga que ...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    19,50 €