O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO

O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO

CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR

13,75 €
IVE incluído
En stock
Editorial:
Oqueleo
Ano de edición:
2017
Materia
Xuvenil galego
ISBN:
978-84-16834-43-3
Páxinas:
224
Encadernación:
Rústica
13,75 €
IVE incluído
En stock
Engadir a favoritos

David acaba de facer dezaoito anos e é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey. No verán previo ao seu ingreso na universidade viaxa a Galicia, onde só estivera ao pouco de nacer, co fin de asinar os documentos para a venda da casa que os Formoso, a súa familia materna, herdaron na localidade costeira de Faramontáns. A súa intención inicial é regresar de inmediato, pero axiña van aparecendo razóns que o levan a prolongar a visita: unha Galicia que pouco ten que ver coa idea que el traía na cabeza, unha familia coa que nunca ata daquela tivera contacto, un misterio arredor da «casa de Formoso» que enterra as súas raíces na guerra civil... E o amor, que aflora de súpeto do xeito máis imprevisible.

Artículos relacionados

  • SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...
    En stock

    13,95 €

  • A PINTORA LIBERTARIA
    PEPE CARBALLUDE
    Un discurso entre a verdade e a mentira, entre a ética e a estética, entre o teatro da vida e as bambolinas da conciencia.A pintora libertaria fai un percorrido que discorre en paralelo entre o mundo da política municipal, a construción, a falsificación de obras de arte e a educación mentres se fai un repaso dos grandes nomes da nosa pintura arredor da figura da máis libre e gr...
    En stock

    16,12 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...
    En stock

    13,95 €

  • O QUE SEI DO SILENCIO
    MACEIRAS, ANDREA
    «Chámome Delia e son unha covarde. Esta é a historia de como acosamos a Silke durante os meses que estudou no noso instituto. E de como todo se nos foi das mans. Das miñas mans inútiles. E das manipuladoras mans de Xulia, Lara e Daniela. Das mans indiferentes de Marcos. Das sucias e miserables mans de Vítor. Das indecisas mans do meu irmán Iago. Diso vai este blog que acabo de ...
    En stock

    13,95 €

  • STREET POEMS
    FRAN ALONSO
    Fran Alonso volve sorprender desde a poesía infantil e xuvenil, cunha ollada interdisciplinar, fundindo a frescura e a forza dos versos coa improvisación rebelde da " street art " . Este é un libro de poemas inconformistas, críticos, gamberros e combativos; disparos de graffiti que poderían ser escritos nos muros e rapeados con pintura nas paredes, seguindo a estela da arte na...
    En stock

    11,95 €

  • CARTAS DE INVERNO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Despois dunha longa estadía en Quebec, o escritor Xabier Louzao volve a Galicia e atópase coas cartas que o seu amigo Adrián lle escribira durante a súa ausencia. Unhas cartas que, nunha espiral de enigmas, descobren os estraños sucesos que está a vivir Adrián na súa nova casa e que levan a Xabier a acudir na súa axuda. Pero alí, na vella casa colonial, os dous amigos terán que...
    En stock

    13,95 €

Outros libros do autor

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte que supuxeron a Guerra Civil e a posguerra. Ademais de poñer en marcha todo tipo de proxectos encamiñados a recuperar a presenza do galego como lingua de cultura nunha sorte de «segundo Rexurdimento», durante gran parte da súa longa vida foi o alicerce ao redor do q...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,95 €

  • OS METROSIDERAIS
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consolidaron a súa amizade nas clases de reforzo do instituto. Durante as vacacións de verán, os seus integrantes van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces, literalmente, na historia da Coruña, a cidade en que viven. Un astrolabio, unh...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,75 €

  • DENÉBOLA A ROXA
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela. Marcada pola superstición...
    Reimpresión

    13,25 €