OS MEGATOXOS E O RETO DE INTERNET

OS MEGATOXOS E O RETO DE INTERNET

FARIÑA, ANXO

14,90 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Editorial:
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Ano de edición:
2022
Materia
Infantil galego
ISBN:
978-84-1110-123-3
Páxinas:
192
Encadernación:
Otros
14,90 €
IVE incluído
Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade
Engadir a favoritos

Ultimamente en Internet non se fala doutra cousa.
Toda a xente está pegada aos ordenadores, ás tabletas, aos móbiles... Toda a
xente? Non. Aos Megatoxos semella que non lles afecta ese RETO que inunda as
redes. Con todo, a quen non lle gustaría poder facer realidade os seus soños?
Ter un aspecto diferente cada día, poder voar, facer novos amigos por todo o
mundo, vivir onde se queira, experimentar emocionantes aventuras e gañar
sempre...Que farías ti por conseguir algo así?
Pensa ben a
resposta, porque non todo é o que parece e, ás veces, o perigo que poida axexar
en Internet vólvese moi real.
Ata onde estás disposta ou disposto a chegar?

Artículos relacionados

  • A BOTELLA DE LENTELLAS
    BARBADILLO, LETICIA
    Manuel é un neno que pasa moito tempo só na casa, xa que o pai traballa demasiadas horas repartindo paquetes e á súa avoa, enferma, tiveron que levala a unha residencia. O martes de Entroido, bota en falta as orellas que lle preparaba a avoa e decide facer el unhas poucas. Como quere seguir a receita exacta da avoa, emprega a súa botella chea de lentellas para estiralas, que ac...
    En stock

    13,50 €

  • A FOLLA AZUL
    MACEIRAS, ANDREA
    A Amazonia é un mundo verde e único. Tamén é o fogar de moitas tribos indíxenas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. A miña tribo é unha delas. Eu son Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde. E ...
    En stock

    13,95 €

  • O MEU GATO É UN POETA
    FRAN ALONSO
    O meu gato é un poeta é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, sobre todo, accesible para os lectores e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fusión de xéneros literarios a través da reflexión, da poesía visual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música...
    En stock

    14,90 €

  • CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE
    DAHL, ROALD
    O señor Willy Wonka, o xenio da fabricación de lambonadas, agachou cinco billetes dourados nos envoltorios das súas chocolatinas. Os que dean con eles poderán visitar a súa misteriosa fábrica, onde se elaboran as lambetadas máis sabedeiras que se poida imaxinar: xeados que nunca se derreten, caramelos eternos que non se desgastan, chicles que nunca perden o sabor, globos de azu...
    En stock

    14,90 €

  • DORMENTE
    CASTRO, RAQUEL
    En stock

    14,40 €

  • WOMBO COMBO
    CARBALLEIRA, PAULA
    Sara odia a súa vida, ou polo menos a súa vida real: non ten case amigas e moito menos amigos; búrlanse do seu aspecto; non é brillante nos estudos, nin sequera mediocre... Sara ten a sensación de que podería desaparecer e ninguén se decataría. Pero Sara ten outra vida, unha vida virtual onde xoga en liña con ducias de persoas e é imbatible nas loitas facendo «Wombo Combo». Sar...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    13,50 €

Outros libros do autor

  • OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
    FARIÑA, ANXO
    O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o " Indomable " - que non figuraba nos rexistros, e que este portaba un...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    14,90 €

  • A CHAVE DA ATLÁNTIDA
    FARIÑA, ANXO
    Os científicos do «Proxecto Prometeo» crearon A-cero, un ser humano artificial. Un proxecto científico que os bioenxeñeiros da empresa Biomorph desenvolveron a partir da lectura duns pergamiños atopados na fosa Kermadec, cando indagaban sobre a cidade asolagada da Atlántida. Aqueles pergamiños, redactados nunha lingua descoñecida, deixaban ver uns planos nos que se identificaba...
    Non dispoñible/Consultar dispoñibilidade

    12,95 €