DO CEBREIRO, MARIA
Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en cincuenta poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de o estadio do espello en 1998
ata o recente Soños. Arquivos. Cartas (2018). Neste volume
—onde tamén atopamos poemas inéditos— acompañamos
o caudal e os meandros dunha das voces máis singulares e recoñecidas da poesía do novo século.
A herba de namorar é un libro vello e novo ao mesmo tempo, un libro resultado de antologar, en palabras da autora, “aqueles poemas que salvaría se só puidese escoller eses”.